Domingo chega Beatrice con choiva e vento forte na primeira metade da xornada. Aviso laranxa na costa

22 Outubro 2022

A borrasca que nos afectou durante toda a semana, móvese cara Irlanda, pasando moi preto de Galicia. Con esta situación agárdanse ceos con abundantes nubes e chuvias localmente fortes, ocasionalmente treboentas. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, fortes.

 Atención para domingo: Ventos de compoñente sur, forza 7 as primeiras horas do día.

AVISO DE PROTECCION CIVIL

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta ampliou o aviso laranxa por temporal costeiro ao noroeste do Coruña e á provincia de Lugo, polo que xa está incluído todo o litoral galego.

Os ventos poderán alcanzar a forza 9 entre Ortegal e Bares e prevense ondas de ata 7 metros entre Cabo Vilán e as illas Sisargas. A potente borrasca Beatrice colle a remuda da Armand que tamén deixou refachos importantes durante a semana.

O aviso xa estaba activado dende o mediodía nas Rías Baixas e na Costa da Morte, onde os refachos do sur e suroeste alcanzarán a forza 8 e haberá mar combinado con ondas de entre 5 e 7 metros, segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

A Xunta lémbralle á cidadanía a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres dos barcos.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:293.3 m
Baixamar09:280.9 m
Preamar15:393.5 m
Baixamar21:530.7 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:203.3 m
Baixamar09:200.9 m
Preamar15:313.5 m
Baixamar21:430.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:253.3 m
Baixamar09:250.9 m
Preamar15:353.5 m
Baixamar21:490.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...