Dodro convoca o “Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón”

25 Outubro 2022

O Concello de Dodro convoca unha nova edición do “Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón:
concurso literario “das viaxes e dos soños”, dirixida, ao alumnado da ESO.
O certame toma o seu nome da obra que o poeta de Dodro Eusebio Lorenzo Baleirón publicou no ano 1985, con só 23 anos, na que se narraba as aventuras de Brais e Anselmo, en cuxa última páxina dicía así: “Esta é a historia dun suceso non sei se pasado ou presente, non sei se soñado ou vivido. Esta é a historia dun desexo expreso en palabras. Unha viaxe no interior dun neno e dun home que á súa maneira son tódolos nenos e homes que coñezo, un camiño trazado pola néboa e a lembranza… Estas son voces que falan por si mesmas, ninguén máis guiará o seu destino.
Eles, coma nós, saben que soñar sempre será necesario…” Polo tanto este concurso ten como
obxectivos: promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a creación artística entre a
mocidade “que soña” como diría o propio autor.
A participación no certame é individual e pode realizarse na modalidade de fotocreación ou de videocreación literaria, pois o Concello de Dodro entende que a linguaxe literaria debe adaptarse aos novos soportes de comunicación cos que actualmente convive a mocidade. As obras presentadas deben estar en lingua galega e versar sobre as viaxe e os soños.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 2 de decembro. As bases do certame poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal.
Establécese un único premio dunha estadía e entradas gratis para dúas persoas ao CAUDAL FEST2023, un festival de música que se celebrará en Lugo os días 15 e 16 de setembro de 2023. A entrega deste galardón terá lugar o 10 de decembro, coincidindo coa do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
O Concello de Dodro convidou a participar neste concurso aos centros de ensino secundario das comarcas do Sar, do Barbanza e do Baixo Ulla e agarda que a mocidade se anime a soñar a través da creación literaria como xa o fixo o poeta, Eusebio Lorenzo Baleirón.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...