Comezaron os traballos para renovar, ampliar e renovar a accesibilidade da pasarela de Coroso

28 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para renovar de xeito integral a pasarela de Coroso. A intención é mellorar a infraestrutura no seu treito comprendido entre o remate do paseo e o estacionamento do cámping (un tramo de 450 metros de lonxitude), xa que “ao estar no final da súa vida útil atópase bastante deteriorada”, explicou o Concello, engadindo que tamén se vai poñer o foco na accesibilidade e en facilitar a circulación dos peóns, polo que se incrementará o ancho ata os 2,5 metros.

Esta actuación ía ser realizada nun principio polo alumnado da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Tahume VI, pero non foi posíbel efectuala durante o período en que funcionou a escola taller compartido entre Ribeira e Porto do Son.

Agora, o Concello vén de contratar a montaxe desta infraestrutura, que será realizada pola empresa Zona de Obras O Rosal, S.L..

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.