Adxudicada a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na ponte da estrada AC-550 en Esteiro, no concello de Muros

24 Outubro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na ponte da estrada AC-550 en Esteiro, no concello de Muros.

O contrato foi adxudicado á empresa ENURCOIN S.L por un importe de máis de 18.000 euros.

O obxectivo da actuación é habilitar un paso seguro e accesible para peóns e, no seu caso, ciclistas non deportivos, entre ambas as ribeiras do río, ao modo dunha senda mixta paralela á ponte na súa marxe augas abaixo.

Entre os puntos quilométricos 53+275 e 53+340 da AC-550, ao seu paso por Esteiro, sálvase o río Maior entre ambas as ribeiras cunha ponte para o tráfico rodado e peonil, sendo o elemento fundamental de mobilidade actual, tanto a nivel interurbano como urbano. Porén, as beirarrúas teñen un ancho de paso insuficiente entre os postes nos que se apoia a barreira e a varanda.

Para solucionar estas carencias, realizarase un estudo de alternativas, valorándose a viabilidade de ampliar a estrutura da ponte, ou ben desenvolver unha estrutura á parte da mesma.

Unha vez elixida a alternativa, desenvolverase a nivel construtivo, complementándose coas actuacións en ambas as marxes necesarias para dar continuidade á actuación nos espazos existentes para a mobilidade peonil.

A Xunta continúa traballando a prol da mellora da seguridade viaria e da mobilidade sostible nas estradas autonómicas para facilitar os desprazamentos dos cidadáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.