A rapazada do CEIP de Portosín liberou de lixo as praias Coira e Gafa

18 Outubro 2022

O CEIP de Portosín sumouse novamente ás actividades de activismo ecolóxico participativo da Asociación Ecoloxista ADEGA. Ao abeiro destas accións, o pasado 14 de outubro a comunidade escolar do dito centro educativo colaborou na xornada anual de limpeza simultánea de praias convocada pola asociación, contando para este traballo coa colaboración do Concello de Porto do Son. Os traballos focalizáronse nas praias de Coira e da Gafa, as dúas no núcleo de Portosín.

As nenas e nenos, coa axuda do profesorado, recolleron todo tipo de material (cabichas, pequenos plásticos, partículas de porexpán, algún anaco de embarcacións, rodas, rolla branca, cordas, botes, latas de conservas e bebidas, toalliñas, cristais, ladrillos, etc) e aproveitaron, coa súa acción, para facer un novo chamamento de urxencia a prol de incrementar o coidado do noso mar.

A Limpeza Simultánea de Praias convocada a semana pasada por ADEGA contou con 600 participantes (particulares, centros de ensino, escolas de surf, etc) de todo Galicia e nun primeiro balance guindou unha cifra de lixo recollida de arredor de 700 quilogramos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.