A Pobra pon en marcha un novo servizo no ámbito educativo

18 Outubro 2022

Impulsar dende a nenez modelos de maternidade e paternidade positivas e fomentar a formación neste ámbito é un dos grandes obxectivos do programa Espazos en Centros Educativos, un servizo de atención socioeducativa que impulsa a Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en seis colexios da localidade: nas unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia, no E.E.I. Fernández Varela, no CEP Salustiano Rey Eiras e no CEP Pilar Maestú Sierra. Este último centro foi o escollido para a presentación desta iniciativa.

Participaron no acto a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG); Olaia González, en representación da dita asociación; e a educadora familiar do Concello, Lidia Martínez.

Este novo programa formativo de balde comezará na vindeira semana, impartido por unha psicóloga que dea resposta a necesidades e inquedanzas detectadas polo persoal educativo dos centros de ensinanza: habilidades sociais, habilidades de comunicación, educación non sexista, educación en valores, normas e límites, educación emocional, resolución de conflitos e redes sociais.

A acción está dirixida a alumnado da educación infantil e primaria, así como ás súas familias e profesorado. Nas accións traballarase semanalmente durante o curso lectivo en grupo, aínda que tamén se realizarán intervencións individuais coas familias e crianzas que o precisen.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.