A Pobra conxuga tradición e ofrenda cívica para conmemora- lo legado de Valle-Inclán

29 Outubro 2022

A vixésimo cuarta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán concluíu coa tradicional ofrenda cívica onda o monumento do literato, a carón da Torre de Bermúdez, como colofón ás actividades artelladas arredor do día 28 de outubro, data de conmemoración da súa nacenza. O Cantón da Leña da
Pobra do Caramiñal converteuse así nun fervedoiro cultural ao que asistiu veciñanza e representantes de asociacións locais, ademais de membros da corporación municipal e o investigador Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), puxo en valor este case cuarto de século dunhas xornadas que buscan divulga-la obra e figura de Valle-Inclán, amosando así tamén o respecto de toda a
sociedade a unha eminencia do panorama literario. Lembrou tamén que neste ano se fixo especial énfase en propostas dirixidas ás novas xeracións, pois serán as encargadas de preserva-lo legado do autor que
une ámbalas marxes da ría da Arousa.
A estas palabras sumouse o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen tamén quixo traslada-lo agradecemento do Concello ao director xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo, polo seu apoio en cada convocatoria, ademais de a Xaquín del Valle-Inclán Alsina por seguir colaborando e achegando
coñecementos sobre o seu antepasado, ademais do depósito de fondos no Museo para a súa custodia, estudo e divulgación.
Tralas intervencións foi a quenda de coloca-lo arranxo floral ao son do himno galego para, deseguido, dar paso ao noso folclore coa Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas da Asociación Amas de Casa, que tamén se encargou da lectura pública duns textos que introduciu o acto conmemorativo. Ademais, varios espazos céntricos da vila vibraron ao ritmo de Os Caraveiros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...