A mocidade da Pobra festexará o Samaín este sábado 29 de outubro

28 Outubro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal incrementa as propostas de lecer para a tempada do outono
orientadas á xente nova. Impúlsase así a festa do Samaín para este 29 de outubro, a partir das 20.00 horas.
O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), anuncia que esta celebración está dirixida á xuventude maior de 12 anos e consta de dúas partes: uns xardíns terroríficos, polo cal a alameda estará ambientada para a ocasión con actores e actrices que representarán distintos personaxes de medo, música, iluminación e decorados; e a macrodiscoteca, a cargo de Chocolate Disco Móvil, que se encargará de ameniza-la noite no interior do toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán, que acubillará tamén a primeira actividade en caso de chuvia. O edil anima a xente nova a participar e disfrazarse seguindo a temática propia destas datas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.