Xoves con nubes e claros e baixa de temperatura

21 Setembro 2022

O xoves seguiremos baixo influencia anticiclónica, aínda que se irá debilitando co avance da xornada. Isto fará que o día amenza con brétemas costeiras nas Rías Baixas, máis probables entre Silleiro e Corrubedo, que se irán afastando durante a tarde, á vez que permitirá que se acheguen intervalos de nubes altas asociadas a unha fronte atlántica que percorrerán Galicia de oeste a leste co avance da xornada.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos ou descenderán puntualmente, mentres que as máximas descenderán de xeito lixeiro en xeral. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 14° 26°
Temperatura da auga (°C) 19°
Índice ultravioleta máx. 5
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:582.9 m
Baixamar08:521.3 m
Preamar15:083.2 m
Baixamar21:231.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:492.9 m
Baixamar08:471.4 m
Preamar15:003.1 m
Baixamar21:181.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:542.9 m
Baixamar08:501.3 m
Preamar15:043.1 m
Baixamar21:221.1 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.