Venres con nubes e claros e empezan a baixa as temperaturas

22 Setembro 2022

O venres, daremos a benvida ao outono coa perda da influencia anticiclónica e a chegada dunha fronte pouco activa polo noroeste. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubrados en xeral e algunhas chuvias intermitentes no terzo norte, máis probables e frecuentes cara ao final da tarde.

As temperaturas mínimas ascenderán, pero as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, máis marcado en comarcas de interior. O vento soprará de compoñente norte, aumentando de intensidade en todo o litoral co avance do día.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 15° 26°
Temperatura da auga (°C) 19°
Índice ultravioleta máx. 4
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Muros
Hora*Altura
Preamar03:353.1 m
Baixamar09:291.1 m
Preamar15:423.4 m
Baixamar21:580.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:253.1 m
Baixamar09:231.2 m
Preamar15:353.3 m
Baixamar21:500.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:303.1 m
Baixamar09:261.1 m
Preamar15:393.3 m
Baixamar21:540.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Martes 6, nubes e claros e chuvia cara o serán

O martes día de Reis, nas Rías Baixas e na contorna de Santiago agárdase unha xornada típicamente invernal, marcada polo paso gradual do aire frío cara ao interior peninsular e pola chegada dun novo sistema frontal desde o Atlántico, nun contexto de temperaturas frías...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.