Usuarios de AGADEA chegan ao concello de Rois da man do Xacobeo

30 Setembro 2022
O alcalde de Rois co grupo AGADEA Alzheimer no Faramello

O grupo de usuarios de AGADEA ALZHEIMER continúa o seu Camiño de Santiago da man do programa Xacobeo, da Xunta de Galicia. Hoxe chegaron ao concello de Rois, onde foron recibido polo seu alcalde,
Ramón Tojo e AMIPA, unha das asociacións desta vila, que se convertiron en anfitrións da visita.
Primeiro coñeceron o Xardín do Recordo, creado en lembranza dos falecidos de Angrois, que destaca pola súa frondosa natureza e profundo significado. Tamén visitaron o Pazo do Faramello, do cal Rosalía Dixo que “a súa beleza conxela a alma”. Os usuarios disfrutaron da visita considerando o pazo como “espectacular” e deleitándose cos seus xardíns e as súas lendas.
Finalmente o escultor, natural de Rois, Camilo Seira, achegou a saudar aos camiñantes e explicar a súa obra. A Ruta de Agadea de O teu Xacobeo chegará o luns a Santiago de Compostela onde serán recibidos por autoridades e por toda a gran familia da entidade.

O escultor Camilo Seira con integrantes de AGADEA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.