“Un can, un amigo, unhas bombas de palenque e un adeus” – Antón Luaces

02 Setembro 2022

Na localidade granadina de  Monachil rexistrouse un suceso que, probablemente, é repetición doutros semellantes e, presupoño, doutros que seguirán se as autoridades municipais, autonómicas ou nacionais non o remedian: Un can labrador de oito anos precipitouse por un barranco ao fuxir asustado polo estoupido dos fogos artificiais que botaban nas festas patronais do municipio.

Chamábase “Rubio” e era un can-guía dun invidente de Monachil que, aos seus 70 anos, dependía do can dende o ano 2016. Era para el e a súa autonomía imprescindible. Foi atopado morto polos veciños do pobo que saíron na súa busca cando fuxiu da casa desapareceu.

A pirotecnia causa un gran estrés nos animais -especialmente nos cans- e xa son moitas as localidades (tamén en Galicia) nas que os seus cidadáns piden que se eliminen os fogos de palenque ou ben que se estude a posibilidade de silencialos.

“Rubio” é só unha das moitas vítimas da pirotecnia a que tan afeccionados somos en España e, particularmente, en Galicia onde é imposible pensar nunha festa se esta non bota os foguetes das populares “dianas e alboradas”, as da misa solemne e, obviamente, os do remate da festa, xa na amencida.   

Centos de cans, gatos, gando vacún e cabrún, equinos, vence afectados polo estrondo dos foguetes. Sábeno ben os seus propietarios que, en máis dunha ocasión o teñen relatado. Non todos rematan como “Rubio”, certamente, pero si foxen dos lugares nos que se acubillan por culpa do estoupido desa herdanza que, disque, deixaron na península Ibérica os mouros que nela residiron durante séculos.

O propietario de “Rubio” ten que solicitar da ONCE, organización que xa lle concedera o can agora finado no barranco de Monachil. Tardará uns meses en recibilo, pero a comisión de festas do seu pobo non poderá substituír nunca ao canciño guía que, asustado polos foguetes da noite, fuxiu na percura do silencio e tranquilidade que tiña na súa casa.

Quen quere a un can entenderá a dor de quen durante seis anos gozou do cariño de “Rubio”; mais tamén entenderá  o medo dese animaliño que sempre buscaba acubillo debaixo dun moble da casa que, nesa fatídica noite, non atopou.

Na memoria de “Rubio”, podían tratar de eliminar o estoupido das bombas de palenque?.

(Deixo claro que non teño can, gato ou outro animal de compaña; pero entendo a aqueles que si os desfrutan).

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...