SEA consolida o seu Polígono en Rianxo como polo industrial coa adxudicación de máis de 44.000 m² a Stolt Sea Farm

29 Setembro 2022

O consello de administración da entidade estatal SEA (Solo Empresarial do Atlántico), dependente maioritariamente da SEPES, aprobou a adxudicación de ata un total de 44.346 m² correspondentes a 6 parcelas, no Polígono de Rianxo, o que supón unha quinta parte da superficie desta área empresarial.

O consello estivo presidido polo director xeral da SEPES, Fidel Vázquez, e contou coa asistencia da xerente de SEA, Beatriz Sestayo e da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, ao formar parte este departamento do accionariado de SEXA nun 13%. Tamén participou Miguel Pino como vogal.

Nas súas palabras, a autorización desta operación (a adxudicación á empresa de acuicultura Stolt Sea Farm, que non estaba situada na zona, dun total de seis parcelas por 2,9 millóns de euros) é “unha das máis importantes dos últimos anos no seo de SEA”.

A operación, da que se informou no seu día ao Concello de Rianxo, supón a adxudicación de máis do 20% de solo neto do polígono, no que, a día de hoxe, tan só quedan dispoñíbeis xa 7 parcelas e que supera unha ocupación do 86%.

SEA tamén fixo balance das novidades recentes no complexo industrial de Rianxo. Neste 2022 xa se adxudicaron máis de 54.600 metros cadrados do polígono empresarial. O proceso formalizado este xoves súmase á adxudicación de outras tres parcelas, pendentes de sinatura ante notario, que foron adquiridas por tres compañías diferentes, vinculadas ao sector pesqueiro, á maquinaria industrial e á reciclaxe. Só en 2021 adxudicáronse ata 18.580 metros cadrados, distribuídos en 4 parcelas, das que 2 foron adquiridas por Conservas Cerqueira (11.548 metros cadrados que sumou aos 24.896 comprados en 2020). A compañía, unha das máis importantes do sector conserveiro en Galicia, xa iniciou o proceso de construción das súas novas instalacións.

Outras das empresas que adquiriron solo en 2021 foron Potel Torres e Grúas Orbutráns.

O parque empresarial de Té en Rianxo conta cunha superficie bruta de 317.728 metros cadrados e neta de 201.864 m².

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.