Sábado con nubes e claros e baixa da temperatura

23 Setembro 2022

O sábado, Galicia atoparase nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado no Atlántico Norte e as baixas presións do continente europeo, configuración que formará un corredor de ventos do norte que nos achegará aire máis frío.

Polo tanto, será unha xornada de ceos alternando nubes e claros en xeral e chuvascos ocasionais no terzo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, acadando valores baixos para á época. O vento soprará de compoñente norte, frouxo no interior e moderado na costa.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 13° 22°
Temperatura da auga (°C) 18°
Índice ultravioleta máx. 4
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:053.3 m
Baixamar10:030.9 m
Preamar16:153.6 m
Baixamar22:280.7 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:573.3 m
Baixamar09:551.0 m
Preamar16:063.5 m
Baixamar22:190.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:013.3 m
Baixamar09:590.9 m
Preamar16:113.5 m
Baixamar22:240.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.