Rianxo terá como festivos locais o 14 de xullo e 15 de setembro e fará fillo predilecto o arcebispo, Santiago Agrelo

30 Setembro 2022


O pleno da corporación de Rianxo aprobou por unanimidade nomear o arcebispo emérito, Santiago Agrelo Martínez, fillo predilecto da vila e organizar un acto público de recoñecemento. Todos os grupos consideraron que existe sobrados argumentos para realizar esta distinción, destacando o seu compromiso coa inmigración. Santiago Agrelo foi arcebispo de Tánxer desde o 2007 ata o 2019, cando se xubilou.
O pleno dou luz verde á firma dun convenio cos concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga para a xestión compartida dun servizo de condutas adictivas, orientado ao fomento de hábitos de vida saudables. As actuacións que se pretenden executar ata o 2025 teñen un orzamento de 140.000 euros e cada concello terá que achegar 7.000.

O pleno acordou declarar festivos locais do 2023 o 14 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen, e o 15 de setembro, venres da Guadalupe. Tamén aprobou destinar 162.000 euros, do POS adicional da Deputación, a gastos de iluminación e subministración de enerxía.

De forma unánime a corporación decidiu que o Concello de sume a unha solicitude para que o antigo hospital provincial de Conxo leve o nome de Ramón Baltar e adhírase a un manifesto da Consellería do Mar contra o veto da pesca de fondo en 87 áreas de augas europeas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.