Rianxo e Boiro reivindican a Memoria Histórica con media de ducia de relatorios e unha presentación editorial

20 Setembro 2022

Esta fin de semana toca dar avances na reescritura do noso pasado coas voces daqueles que foron silenciados, moitas desas voces aínda esquecidas e moitas aínda por desvelar e reivindicar. Este é un dos obxectivos do XII Seminario sobre a Memoria Diso no se fala , que se celebra na nosa comarca, nos concellos de Rianxo e Boiro, do 23 ao 25 de setembro.

A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Boiro. O obxectivo último do Seminario é “posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza”.

O programa inclúe media ducia de relatorios a cargo de Pilar Sampedro, Lola Ferreiro, Aurora Marco, Xesús Santos, Xoán Hermida, Cristina López Villar e Xosé Deira. Tamén inclúe a presentación do libro Caminos de resistencia do militante antifascista e ex-guerrilleiro Francisco Martínez López, Quico.

Máis información e inscricións en net.gal.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.