Recepción no Concello de Boiro do culturista Sebastian Lago

01 Setembro 2022

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, recibiron esta mañá na Casa Consistorial de Boiro ao culturista Sebastian Lago, antes do inicio da tempada e da súa participación en diversas competicións.
O deportista, que é o ano pasado resultou campión de España, participa na categoría de culturismo máster (+40 anos) de 90 a 100 quilos. A tempada comeza a principios de setembro e vaise prolongar ata finais do mes de novembro.
A primeira das probas nas que vai participar é un Gran Prix internacional, que se vai levar a cabo en Vigo o 4 de setembro. Logo participará no Campionato de Europa os días 16, 17 e 18 de setembro e de cara ao mes de outubro, viaxará a Madrid para a preselección do Campionato do Mundo que se celebra en Santa Susana.
No mes de novembro terá lugar o Campionato de España máster, que se celebrará en Toledo, do que resultou gañador na pasada tempada, e que, de resultar gañador participará tamén no Campionato do mundo de Hamburgo que terá lugar a finais de novembro.
O Concello de Boiro aposta pola promoción do deporte no municipio, apoiando aos clubs de distintas modalidades pero tamén a deportistas individuais que, como é o caso de Sebastián Lago, participan en competicións a nivel nacional e internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.