Outes achega 15 funcións escénicas para todas as idades ao abeiro do seu ciclo Outono Teatral

22 Setembro 2022

Quen queira mergullarse nalgunhas das mellores propostas escénicas galegas do noso tempo, vai poder facelo estes meses en Outes, grazas á nova edición (a XXVII) do seu Outono Teatral, certame impulsado dende a área de Cultura e con punto de partida fixado para o sábado 1 de outubro ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, co espectáculo familiar (para nenas e nenos maiores de tres anos) Canta-Xoga da compañía Migallas. A axenda, que inclúe 15 funcións, será completa e variada, con propostas para público infantil e funcións para adultos. As sesións desenvolveranse cada fin de semana até o mes de xaneiro.

Logo da función de Migallas, o programa terá continuidade o día 8 de outubro coa obra Álex, de Baobab Teatro, outra proposta familiar que nos pon na pel dun neno de oito anos ao que lle encanta correr, xogar, combinar coas amizades, ir ao parque e xogar ao fútbol, até que un día ten que deixar aparcadas boa parte das súas afeccións porque o seu corpo non responde nin camiña.

A axenda prosegue o 15 de outubro con Falar X Falar, de Volta e Dálle, unha proposta para crianzas de máis de 12 anos que nos presenta a un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e máis un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) que confrontan, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.