Os socialistas ribeirenses piden que se habilite unha tarxeta de transporte gratuíta para pensionistas, estudiantes e persoas con falta de ingresos

16 Setembro 2022

O PS de G-Psoe de Ribeira presentou unha proposición no Concello de Ribeira coa petición para debate, de habilitar unha tarxeta de transporte gratuita para pensionistas, persoas con falta de ingresos, e estudiantes varios, a usar nas liñas de transporte público que teñen relación co municipio.
Segundo os socialistas o encarecemento dos combustibles e a enerxía eléctrica, sumado ao quecemento global que esixe a diminución da pegada de carbono, levaron á sociedade españolaa potenciar o uso do transporte público, optimizando os recursos, tratando de cubrir todas as prazas dos medios de transporte, sexan tren ou autobús e creando instrumentos financeiros destinados a abaratar o seu custo en xeral e o seu uso gratuíto a determinados sectores da poboación.
Un deses instrumentos creados por Concellos de diferente cor política é a Tarxeta Municipal de Transporte, que bonifica custo do uso do transporte público e proporciona a posibilidade de viaxes ilimitadas e gratuítas para determinados sectores.
Esta tarxeta debería estar negociada coas diferentes empresas concesionarias das liñas que cobren os servizos no municipio e financiadas mediante achegas de todas as Administracións, Nacional, Autonómica, Provincial e Local. Suxerimos que a obtención desta tarxeta sexa posible de forma tanto presencial como telemática, a través da web do Concello, e tería como requisitos imprescindibles
o estar empadroado no Concello de Ribeira, que o comprobará de oficio, así como que o solicitante cumpre con algún dos seguintes supostos:

  • Ser maior de 65 anos.
  • Ser menor de 18 anos.
  • Estar matriculado nun centro homologado fóra de Ribeira.
  • Ser pensionistas menores de 65 anos.
  • Ser persoa con discapacidade recoñecida.
  • Xustificar carencia de recursos.
    Con esta medida conseguiriamos dar un paso máis para seguir implicando a cada vez
    máis aos mozos no uso do transporte público, do tal forma que o incorporen como o seu
    principal medio de desprazamento e prestariamos aos maiores, discapacitados e sectores
    menos favorecidos da poboación unha posibilidade de transporte que non xere un impacto
    significativo na súa economía.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE fai a seguinte proposición que pide que o Concello de Ribeira realice as xestións necesarias para crear a Tarxeta Municipal de Transporte.

Que nesta tarxeta véxanse reflectidos os bonos e axudas destinados a abaratar os custos de uso das diferentes liñas que pasan ou teñen inicio e fin no Municipio, incluso as que outorguen a gratuidade total de uso destas liñas.

Que o Concello de Ribeira negocie con todas as empresas concesionarias das liñas a aceptación desta tarxeta coas contraprestacións que se acorden.

Que o Concello de Ribeira, ademais de achegar fondos propios, solicite ás diferentes Administracións, sexa a Unión Europea, Goberno Central, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña, a achega de fondos para poñer en funcionamento esta Tarxeta.

Que as condicións de expedición destas tarxetas sexan as detalladas anteriormente, sen excluír a posibilidade de ampliación a outros colectivos ou persoas individuais que se consideren que poidan ter dereito a elas.

Que tanto na solicitude como na emisión das tarxetas priorizar a utilización de medios dixitais, sendo posible a solicitude telemática a través da Web do Concello e que a Tarxeta non se emita soamente en formato físico, tipo tarxeta de crédito de plástico, senón tamén dixital, de forma que poida ser integrada nos teléfonos móbiles mediante a utilización de aplicacións do tipo Apple Pay, Google Pay, Samsung Pay, etc. Reducindo desta maneira os custos de emisión e evitando, no posible, a posibilidade de extravío e/o utilización fraudulenta.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.