Os socialistas de Ribeira preguntan ao Concello polo presente e futuro da Casa da Xuventude

21 Setembro 2022

Os socialistas de Ribeira presentaron unha pregunta para ser debatida en pleno relativa á Casa da Xuventude, a día de hoxe en período de reconstrución, reparación e remodelación, traballos que serán levados a cabo pola construtora Marancan SL. Segundo critican na súa pregunta os membros do grupo, malia que a obra leva licitada dende abril do 2021, cun prazo de execución de oito meses; “a instalación presenta a simple vista un estado de abandono lamentable, co recinto cheo de papeis, latas, botellas, etc”.

Ademais, fan saber que no exterior presenta un peche metálico que precisa arranxo canto antes, o que se suman “á evidente falta de actividade no interior do edificio, dando a sensación dunha instalación esquecida e infrautilizada”.

E engaden: “Estas evidencias, a falta de limpeza e de decoro na construción, fan do lugar un sitio
inhóspito, e falto de interese por parte deste Executivo Local”.

En base ao exposto anteriormente, desde o Grupo Municipal Socialista lanzan as seguintes cuestións:

-En que situación se atopa a reforma da Casa da Xuventude?

-Ten interese o grupo de Goberno en habilitar a instalación e poñela en funcionamento?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.