“Os residuos”. José Manuel Pena

29 Setembro 2022

Os residuos, o tratamento dos mesmos así como a reciclaxe son unhas cuestións moito máis importantes do que parece. Que as empresas cobren por retirar os residuos, dos nosos pobos e cidades, e non por reciclalos débenos facer pensar e moito máis aos nosos gobernantes.
A falta dunha cultura ecolóxica cidadá é evidente, con respecto a outros países da nosa contorna. Aquí se podemos ter dous ou tres vehículos por familia mellor; de utilizar o transporte público, a bicicleta, ou o camiñar para desprazarse, pouco ou nada; de seleccionar os residuos orgánicos, plásticos ou o vidro, en moitas ocasións van ao mesmo contedor; se podemos tirar as cabichas na rúa ou na propia praia, mellor que nunha papeleira oucontedor; de reducir o consumo familiar nin pensalo; de comprar produtos de proximidade xa non nolo plantemos, é mellor irnos as fins de semana a grandes superficies comerciais afastadas do noso municipio e así toda unha serie de “costumes” que o único que conseguimos é ter unha peor calidade de vida, prexudicar á nosa contorna e axudar a contaminar máis o planeta.
Diferentes asociacións ecoloxistas teñen a valentía de advertirnos de que os índices do PIB (Produto Interior Bruto) ten moita influencia do que cremos sobre a calidade de vida dos cidadáns. Así, a un maior PIB unha maior contaminación e consiguientemente unha peor calidade de vida. Tamén nos alertan do número de incendios nalgunhas plantas de reciclaxe (un mínimo do medio centenar ao ano).
Queda claro de que hai moito camiño por percorrer e que temos que modificar os nosos hábitos de consumo así como a forma de actuar na reciclaxe dos envases, de alertar ás autoridades para que controlen e que impoñan sancións importantes, se fose necesario, ás empresas que incumpran as normas de produción e elaboración dos produtos. Xogámonos moito: nosa propia saúde e o futuro dos nosos fillos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.