Oleiros celebra esta fin de semana as súas festas cun amplo e variado programa

03 Setembro 2022

A parroquia ribeirense de Oleiros celebra do 2 ao 4 de setembro as súas festas en honra de San Roque, San Antonio, Virxe do Carme e o Santísimo Sacramento, e os actos terán lugar na praza do local social, recreativo e de lecer do lugar. O venres, xornada dedicada aos dous primeiros, haberá dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Vos Pequenos do Barbanza, misa solemne e procesión e as actuacións de Leite con Jalletas e Planet Disco Móbil con DJ Matrek e Kike Varela.
O día seguinte, que será en homenaxe á patroa dos mariñeiros coa celebración de misa solemne e procesión, repetiranse as dianas e alboradas co mesmo grupo de gaitas, do mesmo xeito que sucederá o domingo, disputarase un partido de fútbol no campo da Trinidade e pola noite amenizarán a verbena Noite de Estrelas, Fuck Poseidon e DJ Mateo Abelleira.

E para o día 4 de setembro deseñouse unha ampla e variada programación que inclúe, ademais da misa solemne en honra ao Corpus, unha festa cabalar, sesión vermú con Thais Suki, así como a celebración da sexta edición da festa da empanada, para rematar pola tarde cunha festa infantil na que haberá xogos e inchables.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...