O sector turístico da comarca confirma as boas cifras da pasada tempada estival

20 Setembro 2022

A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou un balance da actividade turística na comarca xerada ao longo deste verán 2022. Fíxoo tras contactar con diferentes establecementos turísticos do territorio (hoteis, cámpings, casas de turismo rural, vivendas turísticas e empresas de actividades) coa finalidade de realizar unha escoita activa sobre as percepcións do empresariado acerca desta tempada. As enquisas deron como resultado un balance positivo da tempada estival post-COVID, con resultados “moi favorábeis”.

No balance faise saber que o perfil do turista do destino Barbanza Arousa continúa a ser “principalmente nacional e de proximidade” aínda que nesta tempada os visitantes estranxeiros tamén se achegaron ata o noso territorio desde países como Francia, Alemaña ou Inglaterra.

As sensacións transmitidas polos visitantes ao empresariado turístico foron como dixemos “moi positivas”, sendo as ganas de ocio e de desfrutar o sinal de identidade do visitante deste verán que está a piques de rematar.

Por outra banda, no balance reflíctese o efecto positivo que tiveron (en liñas xerais) nos establecementos consultados as programacións festivas desenvolvidas polos concellos, que conseguiron dinamizar activamente as reservas de última hora en moitos momento do período estival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.