O programa de emprego feminino Xeración 20=22 achega as súas últimas prazas en Lousame

07 Setembro 2022

O Concello de Lousame indicou que Xeración 20=22, o programa gratuíto de promoción da empregabilidade feminina que se vai desenvolver en Lousame ata finais de ano, está a achegar as súas últimas prazas. A iniciativa está dirixida a mulleres do concello, de idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, co obxectivo de que “lles sexa máis fácil acceder ao mercado laboral”, explica a alcaldesa, Teresa Villaverde.

O primeiro dos seminarios, Motivación para a busca de emprego, terá lugar do 12 ao 23 de setembro, en horario de 9:30 a 12:30 horas, na aula de informática da Casa da Cultura. Será unha formación eminentemente práctica e personalizada que, ao longo de 30 horas, buscará formar ás mulleres participantes en habelencias para a busca de emprego, ferramentas para a busca dun posto de traballo e como preparar unha entrevista de traballo.

As inscricións poden formalizarse nos Servizos Sociais do Concello de Lousame ou chamando ao teléfono 981 820 494.

Xeración 20=22 é unha iniciativa do departamento de Servizos Sociais do Concello e foi un dos dez proxectos elixidos a nivel nacional pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Igualdade para o seu financiamento.

Para os próximos meses quedan outros dous seminarios: Introdución á informática e ás novas tecnoloxías, de 20 horas de duración, e Fomento do autoemprego e apoio ás mulleres emprendedoras de Lousame, de 60 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.