O PPdeG de Ribeira solicitará que o PBBI deixe de percibir asignacións do concello mentres non xustifique os gastos electorais ante o Tribunal de Contas

23 Setembro 2022

O Grupo Municipal Popular de Ribeira rexistrou unha moción para ser tratada no pleno ordinario da Corporación Municipal do día 26 de setembro de 2022 solicitando que o PBBI deixe de percibir asignacións do Concello mentres non xustifique os seus gastos electorais ante o Tribunal de Contas.

Pleno Concello de Ribeira

De acordo co artigo 133.1 do Lei Orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Central (LOREG), os partidos, federacións, coalicións e agrupacións que concorren a unhas eleccións teñen o deber de presentar os seus ingresos e gastos electorais ante o Tribunal de Contas.
Nos últimos comicios locais en Ribeira, esta obriga legal foi cumprida por todas as candidaturas con representación municipal a excepción do Partido Barbanza Independiente (PBBI) que encabeza D. Vicente Mariño de Bricio. Así se desprende do informe de fiscalización no 1.422 do Tribunal de Contas que, na súa páxina 23, cita expresamente o PBBI como un dos partidos incumpridores, indicando que “ello supone el incumplimiento de lo contemplado no artigo 133.1 de la LOREG e da lugar á formulación por este Tribunal de Contas da correspondente proposta de non adxudicación das subvencións contempladas en dita Lei”( [pode consultarse o informe a través da seguinte ligazón: https://www.tcu.es/repositorio/b7498abf-dd84-4176-9785-54997e4c9393/I1422.pdf].)

Os populares lembran o despregue de propaganda electoral levado a cabo polo PBBI naquelas eleccións, sen parangón,din, con ningunha outra candidatura pese a ser un partido de nova creación: profusión de bandeirolas elaboradas con materiais de alta calidade, enormes vinilos co rostro do señor Mariño ocupando practicamente fachadas enteiras, uns medios técnicos e audiovisuais na celebración de eventos que xa quixeran para si moitas formacións das grandes capitais… Un agravio comparativo en toda regra que foi moi comentado entre a veciñanza e mesmo en artigos de opinión nos xornais.

No Partido Popular de Ribeira entenden que se deben tomar todas cantas medidas sexan oportunas para evitar que nos próximos comicios do 28 de maio de 2023 concorran grupos políticos que estean dopados electoralmente e por iso propoñemos condicionar a percepción de asignacións do Concello a estar ao
corrente das súas obrigas co Tribunal de Contas en canto á xustificación dos seus gastos electorais.
Por todo o exposto, o Partido Popular de Ribeira solicita:
1.- Que se modifique a base no 49 dos Orzamentos Municipais engadindo un parágrafo do seguinte tenor: “para a percepción desta asignación os grupos políticos municipais deberán acreditar o cumprimento do recollido no artigo 133.1 da LOREG en canto á obriga de presentar ante o Tribunal de Contas unha contabilidade detallada e documentada dos seus respectivos ingresos e gastos
electorais.
2.- Que, consonte co punto anterior, o Partido Barbanza Independiente deixe de percibir asignacións municipais mentres non xustifique os seus gastos e ingresos electorais ante o Tribunal de Contas e así o acredite ante os servizos do Concello.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...