O Plan Único da Deputación inviste este ano preto de 11 millóns nos concellos da comarca de Barbanza

13 Setembro 2022

O Plan Único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 10.897.857 euros investidos nos concellos da comarca de Barbanza, dos que 3,6 millóns xa teñen como destino o financiamento de 42 obras e preto de 1 millón destínase a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de “protexer aos colectivos máis vulnerábeis”. A cifra de obras irase incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan, explicou a Deputación.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para “contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais”

884.587 euros para gasto social

O Plan Único achega 884.587 euros aos 11 concellos da comarca para gastos sociais. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 51.875 euros de Carnota e os 133.761 que recibe Ribeira. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerábeis son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

3,6 millóns para 42 obras

Dentro do plan, todos os concellos da comarca executarán un total de 42 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos a Deputación destaca a ampliación das pistas deportivas de Saamil-Corrubedo (116.339 €), a renovación do parque de A Capela (179.566 €) e a construción dun novo parque infantil en Artes (114.838 €) en Ribeira, a mellora de beirarrúas en Pedra da Bouza (182.164 €) e urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira (100.546 €) en Boiro, a renovación da cuberta do polideportivo Rosalía de Castro de Rianxo (171.432 €), a humanización da rúa Esperante (167.575) e mellora do pavillón polideportivo da Serra de Outes (62.352 €), a renovación de pavimentos en rúa da Igrexa, Santa Cristina de Barro, Carracido, Pereiro de Arriba, Obre e outros núcleos rurais de Noia (171.020 €) ou humanización da ruela Outonil e a construción de beirarrúas en Eiravedra, O Pozo, Coira e Freixedo en Porto do Son (335.195 €).

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Muros (412.353 €), Lousame (146.782€), Carnota (173.969 €), Mazaricos (285.512 €).

Amais, seis concellos da comarca (Carnota, Lousame, Mazaricos, Noia, A Pobra do Caramiñal, e Rianxo) destinan parte dos fondos do Plan Único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo. Outros cinco (Boiro, Carnota, Muros, A Pobra e Ribeira) destinan este ano parte dos fondos a redución de débeda.

A entidade provincial lembra que o Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir no que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.