O Pazo de Goiáns foi escenario do I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia

27 Setembro 2022

O alcalde, José Ramón Romero, participou no acto inaugural do I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia que se reúnen este martes no Pazo de Goiáns. O alcalde estivo acompañado do deputado da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Carlos Lorenzo.
A programación deste primeiro encontro fai balance dos catorce anos de asociacionismo profesional, técnicos e xestores vinculados coa AGPXC e para analizar como afrontar a xestión cultural despois da pandemia e ante unha situación de crise económica. “En Boiro fíxose unha gran aposta por manter
viva a cultura, incluso nun momento tan complicado como foi a pandemia e no que era moi complicado programar calquera tipo de actividade”, afirmou o alcalde.
O presidente da AGPXC, Carlos Lorenzo, reseñou a importancia dunha xornada de “conexión profesional nun momento como o actual, saíndo dunha crise sanitaria global e albiscando unha recesión económica tamén global”. A primeira das mesas de debae estivo formada por aquelas persoas que presidiron a asociación nalgunha etapa: Pilar López, Alberto García, Xavier Campos e Pilar Portela.
A xornada contou tamén cunha mesa de análise ao redor das prácticas responsables e inspiradoras, formada por Laura Romero, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración; Serxio Lago, coordinador do Curso de Experto en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela; Teresa Espejo, técnica do Concello da Guarda; e Xabier Carnota, promotor da Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal).

A programación continuou pola tarde, logo de que os asistentes puidesen coñecer o Pazo de Goiáns a través dunha visita teatralizada, cun lugar para o sector nos últimos temos como son o “Manual de boas prácticas na Xestión Cultural para espectáculos ao vivo” e o “Manual de artes visuais” .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.