O orzamento municipal da Pobra para o 2022 supera os 11 millóns de euros

13 Setembro 2022

Realista, participativo, social e transformador. Estas foron as palabras coas que o executivo local cualificou o orzamento municipal da Pobra do Caramiñal para o orzamento municipal do 2022, cuestión que se leva ao pleno extraordinario deste 13 de setembro. A concelleira da Facenda, Charo Varela (Nós Pobra), puxo de manifesto a importancia da cifra de 11.504.143’83 euros, case dous millóns máis ca no 2018, cos que “dar resposta aos servizos públicos que dende o Concello se van mantendo e, incluso, mellorando.” Remarcou que “creo que é o maior orzamento que se deu no Concello da Pobra na nosa historia.”
Algo máis dun 30%, 3.498.736 euros, irá destinado ao capítulo de investimentos. Créanse, ademais, partidas que antes non se contemplaban.
A edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), incidiu no significativo desta presentación: “o proxecto que este goberno ten para desenrolar na Pobra do Caramiñal.” Indicou que responde á demanda diaria da veciñanza e auméntanse as coberturas e programas de carácter social. Respecto a isto último, a modo de resumo, increméntanse a contía para as axudas de emerxencia social, repartimento de alimentos, o Servizo de Axuda no Fogar, prestación para o material e comedor escolar, solicitude de dez novas prazas no centro de día e programas de atención á mocidade, entre outros. Tamén se está valorando a creación de dúas novas vivendas de emerxencia social.
No eido da participación veciñal, algúns dos exemplos son a posta en funcionamento dunha aplicación para trasladar as necesidades directamente ao responsable político de cada área e actuarase nos
centros socioculturais do Campiño, Camiño Ancho e Ribeiriña.

Primeiramente, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quixo escusar a ausencia da concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), que non puido asistir á presentación por motivos persoais. Na súa intervención, aclarou que, se ben o investimento é elevado, non supón a suba de impostos para a cidadanía, agás as taxas que subiron de obrigado cumprimento por contrato.
O orzamento compleméntase co aforro económico acadado no pasado mandato ao que sumar os créditos. A esta contía súmase un millón de euros máis que se tratará tamén noutro punto da orde do día da sesión plenaria desta tarde, e que se efectuará co remanente xeral de tesouraría de libre disposición: 250.000 para suplementar partidas e 750.000 para investimentos a maiores.
Fixo tamén un repaso polo apartado de subvencións nominativas, que se verá tamén reforzado: comisións de festas, ámbito deportivo, festival Entrebateas… No que atinxe ás obras, procederase coa asfaltado da rúa Venecia, ampliacións de saneamento e abastecemento, a substitución do firme do polideportivo de Venecia para complementar o proxecto inicial, pavimento do parque do Castelo, reposición das pontes no río Morto ou reformas en centros educativos son algúns dos exemplos.
Todo isto plasma o “esforzo extraordinario para levar uns orzamentos serios, executables e que van mellorar moito os servizos para a cidadanía e o progreso do municipio”, declarou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.