O consello de pesca de Ribeira fai un chamamento á cidadanía para que se una á concentración do día 8 contra o veto europeo

30 Setembro 2022

O Consello Sectorial de Pesca do concello de Ribeira decidiu convocar unha concentración como forma de protesta ante a decisión da UE de vetar a pesca de fondo en 87 áreas comunitarias. Por este motivo, o Consello Sectorial fixo un chamamento á cidadanía para que participe na mobilización. Esta será o vindeiro sábado oito de outubro ás sete da tarde.

O punto de encontro será a praza do Concello de Ribeira, presidida pola pancarta pendurada no Consistorio onde se pode ler un lema reivindicativo (Sen o mar morremos. Non ó veto europeo á pesca de fondo) co que o Concello pretende amosar o seu desacordo coa media da CE, un veto que afectaría directamente a arredor dunha trintena de buques entre arrastreiros do litoral e palangreiros do Gran Sol. “Ademais veríanse verían prexudicadas de xeito colateral as artes menores”, engade o Concello.

sdr

Outra das medidas que puxo en marcha este Consello Sectorial é a recollida de sinaturas en apoio ao Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas redactado pola Consellería do Mar. Tanto o manifesto como a folla de sinaturas poden atoparse na Oficina de Atención á Cidadanía da casa consistorial.

Ademais serán distribuídas polas confrarías dos concellos costeiros de Galicia, polo tecido asociativo e polas empresas municipais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.