O Concello de Lousame saca a licitación o acondicionamento dun espazo público en Pousada por máis de 80.000 euros

14 Setembro 2022

O Concello de Lousame vén de sacar a licitación, por procedemento aberto e ordinario, as obras de acondicionamento dun espazo público na aldea de Pousada por un importe de 80.968 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen ata as 23.00 horas do vindeiro 3 de outubro para presentaren as súas ofertas.

Segundo informaron fontes do Consistorio, as obras consisten no acondicionamento dun espazo público no lugar de Pousada mediante o pavimentado dunha superficie de 1.170 m2 no interior da aldea. O proxecto inclúe a instalación dunha canalización de 175 metros para a recollida de augas pluviais e da liña eléctrica existente, así como a construción dun muro de pedra granítica, de 20 metros de longo por 2 metros de alto, para a contención de terras.

Unha vez acondicionada a superficie do terreo, procederase á súa pavimentación con cinco centímetros de saburra (zahorra) e doce de formigón, intercalando tres franxas de lastros (adoquíns) de granito. As obras serán financiadas con cargo a Plan Único de Concellos POS+2022 e complementarán ás realizadas a finais de 2018 polo Concello de Lousame, con fondos propios, para anchear o interior desta aldea, xa que había tramos tan estreitos que mesmo dificultaban o acceso dos vehículos de emerxencias.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.