O Colexio de Nebra terá nova pista polideportiva e Santa María e Santa Irene gañan en accesibilidade, seguridade e estética

04 Setembro 2022

O Concello de Porto do Son presentou estes días varios proxectos de relevancia para mellorar e poñer en valor diferentes espazos públicos do termo municipal. Por exemplo a habilitación dunha nova pista polideportiva no Colexio de Nebra ou a humanización e recuperación da contorna da Igrexa de Santa María, na mesma parroquia sonense. O Consistorio tamén salientou o importante proceso de humanización levado a cabo a rúa de Santa Irene, en pleno centro urbano da vila.

Respecto da pista do Colexio de Nebra, trátase dun proxecto que vén cun orzamento de 85.000 euros e que poderá ser empregada por alumnado e veciñanza (fóra do horario lectivo). A súa construción abéirase ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica deseñado pola Xunta para os centros educativos, cuxo obxectivo é achegar infraestruturas máis sustentábeis, innovadoras, accesíbeis e útiles. A pista terá unha superficie de 22 por 12 metros cadrados e estará pechada por un valado dun metro de alto, levantada (pista e área perimetral) sobre unha soleira de 15 centímetros. O sistema de drenaxe será lineal de formigón polímero, conducíndose as augas á rede de pluviais habilitada. A iluminación, sustentábel e eficiente, permitirá a alumnos e veciños o desfrute da pista en calquera intre do día.. Contará con porterías e canastras de gran resistencia e levantadas sobre postes de aceiro. Tamén disporá do equipamento preciso para a práctica de deportes como o tenis, o voleibol ou o bádminton. Dos 85.000 euros de orzamento, 40.960 serán asumidos pola Xunta e o resto polo Concello.

No que atinxe á recuperación e humanización da rúa Santa Irene (O Son) e a Igrexa de Santa María de Nebra, son actuacións financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña e suman un montante de máis de 375.000€. Na zona da igrexa de Nebra púxose un especial énfase en “devolver a contorna aos peóns”, informou o Concello, que salienta a renovación integral do enlousado con granito silvestre, a mellora na accesibilidade e o subministro de canalizacións de redes de electricidade e telecomunicacións. Tamén foron habilitadas varandas e pasamáns para facilitar a accesibilidade, feitos con aceiro inoxidábel. Respecto da rúa de Santa Irene, quixéronse solucionar os problemas que achegaba o feito de ser unha vía de sentido único na que transitaban vehículos e peóns e na que existía unha área de estacionamento sen delimitar. As obras achegaron unha nova beirarrúa de formigón e granito no seu primeiro treito, dando como resultado un espazo continuo e seguro para os peóns entre a rúa Avellaneda e o Pavillón. Santa Irene tamén conta xa con novos equipamentos, entre os que se atopan árbores, bancos, farois, papeleiras, aparcabicis e marquesiñas de aceiro e madeira a carón do Pavillón. As obras foron posíbeis grazas ao Plan Único da Deputación, que achegou 174.994 € da contía total.

Esta liña de traballo do Concello terá continuidade os días vindeiros con máis obras de humanización en diferentes contornas da vila sonense e da parroquia de Caamaño.

Humanización da rúa Santa Irene

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...