O BNG estrea canle de comunicación en formato podcast, Radio Frontón

19 Setembro 2022

O BNG estreou este mes de setembro unha nova canle de comunicación, Radio Frontón, un podcast que fará divulgación a través das súas redes sociais nun formato que, en palabras da agrupación nacionalista, “ten cada vez máis seguidoras e seguidores”. O obxectivo, engaden, “é contribuír ao debate sobre cuestións de actualidade ou temas que preocupan á cidadanía e que non sempre son capaces de abrirse espazo na esfera pública”. Radio Frontón arranca poñendo o foco na cuestión da gordofobia.

Tomando como punto de partida unha recente reflexión da eurodeputada Ana Miranda no seu muro de Facebook, este primeiro podcast repasa este asunto con persoas expertas na materia, procedentes das áreas da psicoloxía ou da sanidade pública, entre elas a deputada e médica, Iría Carreira. Carreira explica que “a obesidade está cualificada como unha patoloxía desde fai moito tempo, enfermidade que ademais é un factor de risco para padecer outras, pero non pode ser amparo para actitudes discriminatorias e que mesmo poden xerar outro tipo de problemas de saúde nas persoas que as sofren”, alega.

A orixe desta primeira entrega do podcast está como dixemos nunha reflexión de Miranda nas redes sociais: “Abres o Facebook e xa che lembra que debías adelgazar, facer exercicio e dietas milagrosas, botar cremas. Aquí vai a resposta a tanta gordofobia inherente, persistente, maleducada. Farta de gordofia nas redes, nos ollares e no subliminar”.

A deputada do BNG no Parlamento Europeo, explica no podcast o porqué dese comentario. “Como moitas outras persoas teño tendencia a engordar e levaba varios días mosqueada porque cada vez que abría o teléfono aparecíanme anuncios de cremas adelgazantes e redutoras, ximnasios milagreiros e non sei cantas cousas máis. E ese día cabreeime e decidín poñer o comentario”, explica.

Radio Frontón, que pode escoitarse xa nas redes sociais do Bloque, emitirase con periodicidade regular abordando temas de actualizade cos que contribuír a poñer o foco en cuestións de gran afectación social, aportando voces e argumentos ao debate de temas que interesan á cidadanía.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.