Milleiros de fieis asisten na Pobra do Camariñal á procesión das mortallas

18 Setembro 2022
Fotos A.G.M.

Un ano mais a secular tradición das mortallas de A Pobra congregou a milleiros de fieis na vila. Segundo a crenza popular os féretros dos ofrecidos ao Nazareno van baleiros xeito de darlle as grazas por evitar a morte e recuperarse dunha grave enfermidade.

A tradición mantense desde o século XV, cando o daquela rexedor decidiu desfilar así tras superar unha morte que semellaba inevitable. Milleiros de fieis seguen mantendo viva a procesión, aínda que este ano houbo menos cadaleitos ca noutras edicións (Tres de nenos e 2 de adultos e un milleiro de persoas ofrecidas).

Detrás dos cadaleitos van o resto de ofrecidos, vestidos coas mortallas de cor morada e cunha candea prendida na man. 

A procesión percorreu as rúas da Pobra cunha asistencia que máis de cinco séculos despois segue a ser multitudinaria.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...