“María Casares, raíña de soños, vive”. Xulio Xiz

22 Setembro 2022

Coruñesa de 1922, cen anos despois, María Casares vive, e vivirá por sempre. Por iso, ao cumprir os seus primeiros cen anos, o Grupo Fonmiñá, consciente do dereito e do deber de revindicala como galega, réndelle homenaxe na Semana de Cine que fai a corenta e catro das celebradas na capital lucense.

María Casares, agora e sempre, ten os elementos esenciais para ser galega singular, comezando polo seu nacemento na nosa terra e rematando co seu pasamento físico no París de 1996, soñando cunha Galicia náis aló do espazo e do tempo, que o destino lle negou e a historia e a xustiza moral son quen de unir para sempre. Nos setenta anos que mediaron, lonxe de nós, estrela rutilante de universos de soños, sufríu exilio arredada de nós, conquistou Francia e os franceses, e o tempo que logra poñer a cadanqueu no seu lugar permite que agora viva entre nós, para facerse cada vez máis nosa por sermos máis conscientes dese vencello inprescriptible entre os galegos do interior e os que tiveron que buscar vidas novas para poder ter vida plena.

Non dicimos que María Casares volva a Galicia, porque nunca se foi; porque sempre levou consigo a carga das querenzas das xentes e da terra; porque sempre quedou aquí dela a memoria. E cando xa non hai Pirineos; cando aquí se admira e quere á galega transterrada; cando María cumpre cen anos e vive por vivir na memoria dos galegos, honramos á muller da escea francesa, hispana, galega, universal, para acreditar que estes primeiros cen anos da amiga, máis viva ca nunca, permiten desexarlle – ao estilo da nosa terra – Por moitos anos, María! (aínda que nós non poidamos contalos), Raíña de Soños no Alén.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...