Lousame convoca dous obradoiros tecnolóxicos gratuítos de apoio ás emprendedoras

27 Setembro 2022

O Concello de Lousame convocou dous obradoiros gratuítos de apoio a mulleres emprendedoras. Desenvolveranse do 5 ao 26 de outubro na Aula de Informática da Casa da Cultura e en horario de 9:00 a 13:00 horas. Durante sesenta horas, dez veciñas de Lousame poderán asistir aos talleres de comercio electrónico e mercadotecnia (marketing) dixital, impartidos ao abeiro do programa Xeración 20=22.

Poderán participar mulleres de máis de 18 anos, residentes no devandito termo municipal e que estean pensando en emprender ou iniciar un proxecto empresarial. O prazo de inscrición está aberto nos Servizos Sociais de Lousame, teléfono 981 820 494.

Estes dous obradoiros forman parte do terceiro e derradeiro seminario previsto no programa de promoción da empregabilidade feminina Xeración 20=22, que está a desenvolver o Concello de Lousame e que conta co financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Igualdade.

Ata o momento, este programa xa formou a outras vinte mulleres de Lousame en introdución á informática e ás novas tecnoloxías, así como en motivación e técnicas para a busca de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.