“Incendiarios porque si. Sen máis” – Antón Luaces

08 Setembro 2022

Era visto: o lume nos montes non sempre é causado por unha chispa. A  maioría deles están motivados pola intervención humana. Homes e mulleres, dotados de chisqueiros e aparellos de acendido, queiman de xeito inmisericorde montes de propiedade comunal ou privada e algúns dos queimadores non son alleos, ao parecer, a loita contra os lumes segundo informan algúns medios de comunicación.

Dende vai pouco máis dun ano, a Comunidade galega conta cunha Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) de seu, que se suma ao veterano SEPRONA da Garda Civil. Entrambos servizos xa deron como resultado, entre outros, a detención estes días de tres homes aos que se relacionan con incendios forestais rexistrados nas provincias de Ourense e Lugo. Para os tres detidos xa ditou orde de ingreso en prisión un Xulgado de Trives. Obviamente, os tres detidos nada teñen que ver coas tormentas. Polo tanto, o ruxe ruxe que circulaba -e circula- pola Galicia rural sobre a existencia  de persoas con intereses en queimar os montes, ben sexa por si mesmas ou por mandado doutros, é tan certo como o son os que xa pasaron ao dispor dos xulgados para pagar coa prisión os seus afáns de queimamontes.

Que resulta doado provocar un incendio nos montes galegos é tan certo como que a queima destes non sempre ten que ver con lindes, plantacións, propiedades, etc. Moitas veces é un traballo pagado. Ditría que ben pagado por ,alguén que non se atreve a queimar pola súa man e opta por achegar cartos a quen por eles o faga. Quen?. Eu non o sei, mais o que cobra si ten coñecemento de quen lle paga: disque a madeira queimada tamén ten valor. Quen a aproveita?. Talvez UIFO e SEPRONA poden ter -eles millor ca ninguén- información ao respecto. E, sendo así, non dubido o máis mínimo de que máis tarde ou máis cedo tamén pasarán a prisión (antes denominada “cagarrón” ou “caxó”).

Felgas, toxo, mato abundante son elementos substanciais á hora de elixir onde prender lume. E se todo isto vai xunguido ao feito da seca, o vento e a calor, velaí os elementos fundamentais  para que se queime Galicia e agora, coas choivas, os mariscadores das nosas rías, treman coas consecuencias do posible arrastre das cinzas aos criadoiros de ameixa e berberecho que abundan ni litoral.

É hora de que todos sexamos conscientes de que coidar os montes non ér unha cuestión exclusiva dos propietarios destes. Porque cando un monte se queima, non arde exclusivamente o do señor marqués. A todos se nos vai algo co lume. E perde, fundamentalmente, Galicia.

Teñámolo en conta porque a todos nos convén.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.