Extinguido rapidamente un lume nunha nave en Padrón

16 Setembro 2022

Os propios particulares que deron o primeiro aviso ao 112 Galicia, pasadas as 18 horas, foron quen de apagalo empregando unhas plataformas elevadoras.  

Os alertadores informaron dun lume na cheminea dunha nave de mecanizados, no lugar de Estramundi de Abaixo, en Padrón, no que non se produciran danos persoais. En cuestión de poucos minutos, volvían poñerse en contacto para indicar que as lapas estaban apagadas e en proceso de enfriamento, e de que non era necesaria a intervención dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira. Pola súa banda, o GES de Padrón desprazouse ata o lugar e comunicou ao 112 que seguirían nas instalacións para realizar tarefas de seguimento, e confirmar que o lume non volvera reavivarse. Finalmente retiráronse, indicando que non hai risco de reactivación.

Aínda que non chegaron ata o punto pola rápida extinción das lapas, dende o 112 tamén se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local de Padrón.

Outros artigos

Incendio no Pazo de Faramello, no concello de Rois

A primeira hora da mañá deste venres 25 de abril, o Parque Provincial de Boiro tivo que intervir na extinción dun incendio declarado no interior do Pazo de Faramello, no concello de Rois. O lume afectou por completo unha das habitacións do inmóbel e o resto do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.