Este xoves abre o prazo para que a xuventude solicite as axudas para o pago do carné de conducir de coche, camión e autobús

28 Setembro 2022

A partir deste xoves29 de setembro e ata o 28 de outubro as mozas e mozas poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B (turismo), tipo C (camión) ou tipo D (autobús). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que ten como principal finalidade promover a autonomía e a empregabilidade da mocidade.

A Xunta de Galicia engade como novidade nesta convocatoria as axudas para a consecución do permiso de bus. Así, para a obtención do carné de clase B, o importe da axuda será de 400 euros; de 650 euros para o de clase C, o de camión; e de 1300 para o de tipo D, autobús.

A Administración autonómica, co obxectivo de mellorar a autonomía, mobilidade e inserción laboral da mocidade, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O Goberno galego destinou 1,5 millóns de euros nas dúas anteriores convocatorias desta liña de axudas, que chegou a máis de 3500 mozas e mozas. Ao igual que en edicións anteriores, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación da solicitude.

Requisitos

No momento de presentar a solicitude, os interesados deberán ter máis de 18 anos (sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D), estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén, e como novidade para abarcar o máximo de tempo posible deben ter obtido o permiso entre o 1 de decembro de 2021 e a data da presentación. Deste xeito, a orde de axudas do ano que vén incluirá o período restante de 2022 e collerá o novo do ano en curso.

As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

“Juan Carlos I, a DINA, as residencias” – José Manuel Pena

Moitos cidadáns continuamos pensando que a Democracia e o Estado de Dereito hai que defendelos cada día, fronte aos innumerables inimigos e contrarios á Xustiza Social e á Igualdade real entre españois. Neste sentido, e como galego, sinto vergoña por que o anterior...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión