En Dodro cincuenta e unha obras participan no XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2022

29 Setembro 2022

O pasado 23 de outubro rematou o prazo de entrega das obras candidatas ao XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro. Certame que rende homenaxe ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, natural do municipio e que constitúe un dos galardóns máis antigos da creación poética galega. Nesta edición destaca a alta participación, na que concorren ata 51 poemarios.
O Concello de Dodro nomeou como responsable do bo desenvolvemento do Premio á poeta, profesora e tradutora, Elvira Ribeiro Tobío. O xurado encargado de valorar os traballados presentados ao concurso está composto polas escritoras: Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Baceiredo. Actuarán como presidente o alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e como secretario o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco. Este tribunal dará a coñecer o fallo do premio o 19 de novembro e o acto oficial de entrega terá lugar o día 10 de decembro.
A persoa gañadora deste XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón recibirá 2.500 € e a obra galardoada será publicada nunha editorial de recoñecido prestixio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.