CONGALSA participará novamente en Conxemar e farao presentando a súa completa variedade de masas recheas

28 Setembro 2022

Un dos máis importantes escaparates do sector alimentario vencellado ao mar, o salón Conxemar de Vigo, abre as súas portas o vindeiro 4 de outubro (até o 6 de outubro). Entre as empresas que confirmaron a súa asistencia atópase unha da nosa comarca que se mantén fiel á cita co sector que se celebra cada ano no recinto vigués do IFEVI e que xa vai pola súa 23ª edición. Estamos a falar de CONGALSA. A compañía da Pobra do Caramiñal anunciou que dende o seu stand porá o en valor a súa completa variedade de masas recheas baixo o lema O que levamos dentro.

Esta gama, explican dende a empresa pobrense, engloba desde receitas máis cotiás e propostas máis tradicionais até combinacións con ingredientes innovadores que actualizan a variedade de CONGALSA neste apartado. “Trátase, pois, dunha liña de produtos que se adapta a todos os gustos e aos diferentes momentos de consumo”, destaca Julio Simarro, director comercial e de marketing de CONGALSA, engadindo que “a piques de cumprirse 20 anos desde que nos iniciamos na elaboración de masas e masas recheas, atrevémonos a revisar o secreto do noso éxito con novas receitas e formatos, consentindo cada paso do proceso para que a calidade alcance os máis altos estándares”.

Amplo abano de produtos

Dentro da campaña que CONGALSA pon en marcha en Conxemar, a compañía creou un micrositeno que as persoas e empresas interesadas poderán descubrir a súa ampla e diversa variedade de masas. Unha gama que engloba produtos como as empanadillas de masa crebada ou os rolos de primavera, ideais para servir como tapa ou aperitivo e para confeccionar menús infantís; as mini empanadillas ou mini rolos, perfectos para servir en bufets ou cocktails; os seus novos milfollas recheos e mesmo dúas propostas veggie. A ampla gama de CONGALSA neste ámbito, composta por recheos cociñados amodo, como en casa, ou combinados con masas de acabado dourado e textura triscante, brinda á empresa a posibilidade de dar servizo ás necesidades da súa variada clientela, que abrangue principalmente o sector retail e da distribución ou a hostalería e a restauración colectiva, entre outros.

Sobre CONGALSA

CONGALSA é unha das empresas de alimentación líderes do mercado. Coa súa sede principal na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, a compañía cerrou 2021 unha facturación de 113 millóns de euros e mobilizou un total de 26 millóns de quilos de produtos das súas diferentes gamas. Con presenza comercial en países de catro continentes, en 2020 a empresa formalizou a adquisición da compañía lusa Sulpasteis para fortalecer a súa expansión internacional.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...