“Buscar evidencias onde calan barbas”. Antón Luaces

10 Setembro 2022

Se onde hai patrón non manda mariñeiro e onde hai papeis calan barbas, o litixio consecuencia do afundimento do arrastreiro “Villa de Pitanxo” no que morreron 21 dos seus 24 tripulantes entra nunha vía que, segundo as familias dos mariñeiros finados, debe permitir clarexar que foi o que ocorriu aquel 15 de febreiro de 2022 cando o buque faenaba a 250 millas das costas canadenses e metía a bordo unha importante copada de peixe. O que pasou só o saben os tres únicos sobreviventes de naufraxio: o patrón, un sobriño deste e un mariñeiro ghanés, cuxas argumentacións ao respecto só se semellan no declarado polos dous primeiros (tío e sobriño) e moi diferente o explicado polo mariñeiro africano que, en grande medida, resulta contraditorio co por eles sinalado, mesmo tendo chegado a responsabilizar ao patrón do afundimento do barco por non ter asumido que cortar os cabos de arrastre do aparello podería ter evitado ese tristísimo final dos 21 mariñeiros e do propio buque, afundido a uns mil metros no punto teóricamente localizado polos barcos que buscaron ao “Villa de Pitanxo” consumado xa o afundimento.

Agora a cuestión radica en seguir a vía xudicial. E esta leva directamente á Audiencia Nacional que, definitivamente, será quen asuma a instrucción desta causa motivado polo naufraxio que provocou 21 mortos, un dos máis desgrazados de cantos se teñen rexistrado en buques e tripulantes galegos ou residentes en Galicia nos últimos 50 anos.

A decisión da Audiencia Nacional pon remate ao conflito de competencias xerado a raíz de que a mesma Audiencia resolvera que a instnrución era competencia dun Xulgado de Madrid, cuestión que este rexeitou asumir.

As familias das vítimas confían en que os pasos ata o de agora dados conduzan directamente ao pecio; que se permita inspeccionar o buque no lugar no que permanece,  co obxectivo de acadar probas determinantes das circunstancias qwue provocaron o afundimento do barfco de Marín, propiedade do Grupo Nores.

A voceira dos familiares do “Villa de Pitanxo” agarda á solicitude oficisa dun informe sobre a necesidade imperante de baixar aos restos do pesqueiro, situado este segundo todas as previsións a mil metros de profundidade en augas do caladoiro de Flesmish Cap.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.