Arrincan os traballos para elevar dous pasos de peóns en Aguiño

09 Setembro 2022

O Concello de Ribeira informou do comezo dos traballos para mellorar a seguridade viaria na rúa Listres, en Aguiño, a través da elevación de dous pasos de peóns na confluencia desta vía coas rúas Castelao e Vionta.

Os labores están sendo realizados pola empresa Canarga.

O Concello recibiu neste primavera autorización da Deputación da Coruña para realizar esta actuación ao estar tales pasos situados na vía provincial DP-7307, que se corresponde no rueiro coa ría Listres.

Licitación de semáforos

Dende o Consistorio engaden que esta semana licitouse a instalación de oito semáforos no cruce das rúas Francisco Lorenzo Mariño, Vionta, Listres e da Cerca.

Catro deles disporán de tres ópticas para vehículos e dous para peóns, mentres que os outros catros disporán de dous ópticas para peóns. A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, un avisador acústico, un premedor táctil e máis un interruptor diferencial, entre outros elementos. Tamén se colocarán na beirarrúa luminarias LED a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.

A iniciativa conta cun orzamento base de licitación de 46.200,01 euros, IVE incluído, co-financiado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da EDUSI Máis Ribeira Atlántica.

O prazo de presentación de ofertas remata o 22 de setembro á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.