Arrinca en Canabeiro (Oleiros) a instalación dun saneamento con pozo de bombeo

16 Setembro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para instalar saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro, situado na parroquia de Oleiros. Segundo informaron fontes do Consistorio, a zona en cuestión carece de saneamento municipal, razón pola cal habilitarase unha tubaxe de SN4 de 315 milímetros de diámetro e 515 metros de longo máis outra por un ramal cunha lonxitude de 260 metros. Tamén se disporán 21 pozos de rexistro: 14 na liña xeral e 7 no ramal.

A través destes colectores conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas de caudal unitario 34,92 m3/h. De aquí as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 550 metros de longo e 90 milímetros de diámetro ata conectar coa rede xeral.

A actuación, que está adscrita ao POS+2021 da Deputación da Coruña, está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L., comportando un investimento de 106.961,01, IVE incluído.

O prazo de duración das obras é de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.