Arrinca con dezaseis rapaces o curso 2022-2023 do programa Lousame Concilia

16 Setembro 2022

Un total de 16 nenos e nenas participan no programa Lousame Concilia do curso 2022-2023, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos antes do inicio das clases. Organizado polo Concello, o servizo préstase de 7:45 e 9:00 horas nas instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro.

Durante estes primeiros días, a rapazada desfrutou de sesións de contacontos, xogos matemáticos, xogos de mesa… Así mesmo, están a elaborar un mural sobre o outono que agardan ter rematado a próxima semana.

O Lousame Concilia é un servizo posto en marcha dende o Goberno local con financiamento do Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade, dirixido a facilitar a facer máis doada a vida laboral e familiar das nais e os pais do municipio ao tempo que se achegan actividades lúdicas, creativas e culturais á rapazada.

Ademais dos 16 inscritos, o Concello de Lousame conta con prazas dispoñíbeis tanto para atender as demandas de días soltos por parte das familias (reservando a praza no teléfono 606 788 345) como de asistencia continua. Neste caso, as familias interesadas deberán poñerse en contacto coa Concellería de Igualdade: 981 820 494.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.