“Ainda hai clases: un alunmo de mariña mercante non é o mesmo ca un de pesca”. Antón Luaces

Nunca foron o mesmo malia o feito de que uns e outros chegan a desenvolver un único traballo a bordo. Pero só en traballos propios de mariñeiría, nunca de oficiais. Na mariña mercante a coexistencia laboral dáse exclusivamente no oficio de mariñeiro, nunca na “clase” de mando. É máis, as condicións fixadas dende moi antigo, marcan  nidiamente as diferencias entre un e outro, e o novo Real Decreto 269/2022 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que regula os títulos profesionais e da competencia da Mariña Mercante, limita o uso dos barcos de pesca para realizar prácticas profesionais. Disque a frota mercante española non pode asumir esa carga.

A situación aínda se agrava máis pola existencia dun convenio que a Dirección Xeral da Mariña Mercante (DXMM) asina anualmente coa Asociación de Navieiros Españois (ANAVE) que permite a realización de prácticas reservadas exclusivamente aos alumnos das escolas da Mariña Civil, o que ven ser un explícito recoñecemento da diferencia que existe entre as escolas da Mariña Civil e as de formación náutico-pesqueira. A maior abundamento: os alumnos da mariña mercante teñen regulada a figura do alumno en prácticas e os de pesca non. O por que desta diverxencia non ten unha explicación lóxica, tendo en conta que hai titulados de formación náutico pesqueira que a propia normativa da DXMM contempla como integrantes da tripulación de determinados buques mercantes. De aquí a vixencia desa crenza de que “aínda hai clases” e un mariño segue a ser un mercante, e un mariñeiro un pescador.

En Galicia, ser mariño mercante

E “andar a navegar” é ser un pescador, e ser un mariñeiro é “andar ao mar”.

Pode ser este un dos motivos polos que no sector pesqueiro segue a se falar da inexistencia de remuda xeracional nos postos de responsabilidade

a bordo?.

De ser así, a solución ben pode estar nas mans de aqueles que publican informes sobre os postos de traballo de difícil cobertura no mar.