COGAMI e ADISBISMUR poñen o veleiro Laion a disposición de persoas con diversidades funcionais

08 Setembro 2022

O veleiro Laion de COGAMI navega xa pola ría de Camariñas cun reivindicativo equipo de navegantes formado por persoas con diversidade funcional/cognitiva. Este navío, que foi incautado ao narcotráfico pola Audiencia Nacional, goza agora dunha nova vida enfocada á integración e a fomentar a calidade de vida destes colectivos, permitíndolles vivir en primeira persoa a navegación a vela neste buque adaptado. A iniciativa forma parte do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada), segundo informou a confederación COGAMI, presidida polo sonense Anxo Queiruga.

COGAMI engade que o Laion é un veleiro que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación ADISBISMUR (Asociación de Personas con Discapacidade da Bisbarra de Muros), posibilita que estes colectivos poidan participar en actividades náutico-deportivas. Ademais, o veleiro é cen por cen accesíbel, ao estar dotado de adaptacións como un guindastre, que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida, ou uns asentos ou backets, tamén adaptados.

Para poder levarse a cabo nesta edición, este proxecto contou co apoio financeiro do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, por medio do plan Corresponsables, que se centrará no desenvolvemento das persoas mozas con discapacidade como ferramenta de apoio á mellora das súas capacidades e habilidades, e tamén colabora o programa Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia a través da Federación COGAMI-Coruña.

As saídas, programadas durante quince días neste mes de setembro, serán dende o porto deportivo de Muxía, lugar de atraque do veleiro. As travesías serán, unha de mañá (de 11 a 14 h) e outra de tarde (de 16 a 19 h), pola ría de Camariñas, simulando o traxecto Muxía Fisterra, a última etapa do camiño de Santiago, que non é accesíbel por terra para persoas con mobilidade reducida. “A idea é que as persoas vivan a experiencia da peregrinación por mar como xa ocorría dende o século XII”, engade COGAMI.

Durante quince días serán un total de 84 persoas as que van poder participar nesta experiencia de vela adaptada, todas elas usuarias de entidades como ASDIFICA, DISVALIA, ALCER Coruña, ACEM Coruña, Avante, Aixiña, Íntegro, ADISBISMUR, do centro de recursos de Medelo e dende o Proxecto Innovador que COGAMI está a levar a cabo nas instalacións do CEGADI en Santiago. Polo tanto, ata o porto de deportivo de Muxía embarcarán persoas que chegan dende os concellos de O Carballiño, O Barco de Valdeorras, A Coruña, Val do Dubra, Ourense, Cabana de Bergantiños, Muros, Silleda e Santiago.

Características do veleiro Laion

O Laion, de 13 metros de eslora, ten unha capacidade máxima para 10 persoas: 2 tripulantes, que son persoas voluntarias que ceden o seu tempo para participar neste proxecto, 6 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes.

A embarcación conta con adaptacións para facer practicábel a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o peirao flotante ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun premedor electrónico que facilita o seu goberno.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...