Aberta a convocatoria do IV Premio Luísa Villalta a proxectos de igualdade

29 Setembro 2022

A Deputación da Coruña vén de abrir a convocatoria do IV Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, cuxo prazo de presentación de traballos remata o 20 de outubro. O certame repartirá 100.000 euros, 15.000 para cada un dos oito proxectos que se subvencionarán.

Segundo explica a entidade provincial, poderán optar traballos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e intersecionalidade.

“A institución provincial”, explica a deputada de Igualdade, María Muíño, “está fondamente comprometida co desenvolvemento de políticas e iniciativas axuden á consecución dunha sociedade xusta, libre, igualitaria e democrática”.

Na pasada edición, resultaron gañadores desde un traballo de tradución feminista entre linguas non hexemónicas; unha longametraxe documental participativa sobre memoria e relato íntimo feminino; ou unha adaptación teatral para público xuvenil e adulto da novela Os nenos da varíola, de María Solar; ata unha iniciativa multidisciplinar que compila testemuñas de mulleres vítimas do franquismo, pasando por audiovisuais e propostas escénicas.

As bases do certame están publicadas no BOP do 28 de setembro e pódense consultar e descargar na ligazón https://bit.ly/3BU1N1p.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.