A Deputación convoca II edición dos Premios de Boas Prácticas para entidades sociais da provincia

07 Setembro 2022

A Deputación da Coruña convoca a segunda edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, un recoñecemento ás entidades que traballan no eido social e na protección dos colectivos máis vulnerábeis na provincia.

O certame premiará o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, e das persoas que están detrás delas, a prol do benestar social das persoas con máis dificultades.

“Queremos que estes premios sexan un recoñecemento a todas aquelas entidades e persoas que cada día contribúen a mellorar a vida das persoas máis desfavorecidas, que traballan para construír unha sociedade mellor”, afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso, que destacou “o labor fundamental” que prestan as entidades neste ámbito”.

Pola súa banda, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, destacou que nesta segunda edición increméntase o número e a contía dos premios, pasando de 3 premios de 5.000 euros a catro premios de 10.000 euros cada un.

As bases establecen que as entidades que presenten os seus proxectos deberán desenvolver a súa actividade nalgunha destas áreas: familia, nenez e mocidade; persoas con diversidade funcional; persoas maiores; minorías étnicas e inmigración; drogodependencias e outros trastornos aditivos; ou situación ou risco de exclusión social.

A Deputación outorgará catro premios de 10.000 euros cada un; tres deles aos mellores proxectos exemplo de boas prácticas no eido social e un premio á traxectoria dunha entidade que destaque pola súa implicación na mellora da vida das persoas.

Na primeira edición deste certame, convocada o ano pasado as entidades premiadas foron ASPACE, Nuestra Señora de Chamorro e UTACA.

O prazo para presentarse determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións. As propostas deberán achegarse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL da Deputación.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.