A Delegación do Goberno en Galicia aclara que si notificou ao goberno da Pobra o formulario para tramitar axudas polos incendios

20 Setembro 2022

Ante as informacións publicadas polos medios de comunicación, a Delegación do Goberno en Galicia 
aclara que si se lle notificou ao goberno municipal da Pobra a información sobre a tramitación de subvencións por danos ocasionados por incendios forestais, xunto coas correspondentes fichas a 
cumprimentar polo concello cos datos relativos aos custos estimados para as obras de reparación de danos.
 
En concreto, a notificación con documentación dixitalizada foi enviada e dirixida ao alcalde deste municipio o pasado 2 de setembro, un envío do que consta xustificante de rexistro. Nesta documentación instábase ao concello a facer chegar a información por rexistro electrónico antes do 23 de setembro, coa fin de poder estimar os danos das axudas aprobadas polo Goberno no Consello de Ministros do 23 de agosto.
 
Nesta data acordouse declarar “Zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil (ZAGEPC)” a todo o territorio afectado como consecuencia dos lumes acaecidos entre o 12 de xuño e o 19 de agosto de 2022 nos que as Comunidades Autónomas activaron a situación 1 ou 2.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.