A Caravana Morada prosegue a súa estadía en Rianxo na recta final das Festas da Guadalupe

16 Setembro 2022

O Concello de Rianxo confirmou que A Caravana Morada, o punto móbil de atención contra a violencia de xénero, prosegue a súa estadía na vila durante os últimos días das Festas da Guadalupe (que xa rematan este 16), logo das accións levadas a cabo nas xornadas do venres, do sábado e do luns. O seu obxectivo será novamente informar, asesorar e visualizar o rexeitamento comunitario ás agresións de xénero.

Entre os servizos que nos ofrece a caravana están:

-Atención psicolóxica.

-Atención social en caso de situación de vulnerabilidade.

-Acompañamento psicolóxico en coordinación co dispositivo de seguridade da festa.

-Carga móbil gratuíta.

-Punto de seguridade para menores de idade.

-Entrega de material de sensibilización e prevención de violencia de xénero.

Amais, a Caravana conta con dúas profesionais especializadas en violencia de xénero que ofrecen o servizo de forma itinerante: unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha axente de igualdade.

O Concello informou de que nos primeiros días de festa a maioría das persoas que se achegaron á unidade móbil eran tanto rapazas como rapaces para cargar o móbil, recoller material de sensibilización contra a violencia de xénero e recibir información sobre como actuar ante situacións de violencia.

Estes dous últimos días de celebración A Caravana Morada poderase atopar no paseo da Ribeira, diante do antigo bar Lúa, o xoves de 16:00 a 22:00 e o venres, de 2:30 a 8:30.

Este servizo está financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade a entidades locais e coordinado ca Policía Local de Rianxo e a Comisión da Festa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.